20201030

61 días para fin de ano


Ano malfadado...

Os paxaros pían e constrúen o seu canto no xogo de luces e sombras sobre Santa Cruz. Día claro e tranquilo no monte, un privilexio de xubilado en condicións de subir a pé a gozar mesmo dun café.

Chegan os ecos da pandemia na radio lonxe, nos xornais á beira, nas redes sociais no peto, sábese que algo (moito) hai, pero a maioría deses ecos non teñen nin pinta de datos fiables. Si o son cando se trata de cortapega de medidas oficiais cambiantes a base de BOE ou DOG, ou das notas de prensa, aínda que algo menos confiables neste caso, máis susceptible de propaganda. Pero iso non é pandemia. É outra cousa.

E mentres, a vida segue e virá outro ano.

Ningún comentario: