Concepción Redondo Lastra
Souben de Conchita moitos anos despois de chegar a Ribadeo. A conexión chegou pola AVV Tesón. Só foi despois cando souben das súas andanzas con ese fito ribadense que foron as Meniñas da Saudade e a súa actividade vital en prol de Ribadeo, de Galicia, dos demais. E tamén, a través do trato de anos, o meu recoñecemento e aprecio.
Despois de participar na fundación da asociación veciñal hai máis de dezasete anos, o 30 de maio de 2003 foi elixida a súa primeira presidenta. No programa constaban sobre todo apartados adicados á consolidación da nova sociedade, e de xeito específico, a conversión da asociación nunha plataforma de apoio ó pobo. Á xente de Ribadeo. Estaría na presidencia social ata xullo de 2007. Da súa labor quedan os feitos, traducidos como testemuña escrita a través de corenta páxinas do libro de actas.
Conchita da Pega morreu o domingo.

1 comentario:
Publicado en papel o 13 de outubro d 2020 na edición de A Mariña de La Voz de Galicia.
Publicar un comentario