Él se contradice y no pasa nada...
... eu contradígome e salta todo polos aires...
Ese podería ser o resume da contraposición entre o acoso a algúns políticos e a aquiescencia con outros. E se non, colle a p. 9 do 'xornal máis lido de Galicia' nas edicións de hoxe e notarás como un presidente autonómico contesta en castelán, en consoancia co resto do xornal, pero 'defendeno o galego', á pregunta -supónse que seleccionada- "El castellano está siendo atacado por la ley Celaá. ¿Y por usted? ¿Por qué los anuncios de la Xunta son en Gallego?"
Por se queres evitarte o ter que ler a resposta enteira do presidente autonómico (tampouco demasiado longa), coido que coa frase final chega para darse unha idea do sentido que lle quere dar: "Creo que no molestamos a nadie con esos anuncios".
Está claro? Se fai falta repetilo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario