SOCIALISMO EN EUROPA 2020 (Editorial Laiovento 2020)
Xabier Pérez Davila (Bueu, 1957) é un economista, residente en Vigo, que ven de publicar, baixo este tiduo, un traballo de máis de cincocentas páxinas, que vai ser referente obrigado nos próximos anos, sobre a necesaria transición ao socialismo e a madureza deste proceso en Europa.
A tese central deste autor resúmese na idea de que a concentración do capital en poucas corporacións transnacionais e a planificación, tamén centralizada por medio dos modernos algoritmos informáticos, facilitan a socialización, por vía democrática, deste conxunto de superestruturas. A mercantilización neoliberal que colleu pulo tralo golpe de estado que derrocou a Salvador Allende e a desintegración da URSS está conducindo ao mundo as crises económicas encadeadas, ao esgotamento dos recursos primarios, ao deterioro ambiental irreversibel e a unha sobreexplotación das clases traballadoras que elimina, na práctica, todas as conquistas do movemento obreiro plasmadas no dereito laboral, derrogándoo de feito.
Pola outra banda a tradición democrática europea, a formación científico-técnica dos traballadores e o esgotamento dos paradigmas tecnodesenrolistas que mantiñan a utopía do desenvolvemento contino baixo o sistema ultraliberal conducen inexorablemente á concienciazon social que non é mais que a toma de contacto ca realidade cotián en tódolos paises europeos. En contra das teorías que apuntan á desaparición das clases sociais, os números contantes e sonantes que analiza o autor revelan que a asalarización masiva das últimas décadas supera amplamente a tódalas fases anteriores do desenvolvemento industrial. Que agora se presenta baixo formatos diferentes no que atinxe aos modelos de estrutura empresarial pero cos mesmos ou peores resultados no que atinxe ao rendemento do traballo para as clases dependentes e ao incremento da apropiación da mais-valía para as elites dominantes. Elo unido a que a financiarizazón da economía non só non aporta valor engadido, senón que, pola contra, produce un efecto bumerán que transmite as suas crises aos sectores industriais, agrícolas, comerciais, etc, que son os verdadeiramente productivos de riqueza. Como di na contraportada: “O capital móstrase incapaz de reconducir a crise ecolóxica e frear o aumento da temperatura global, poñendo en perigo a existencia dunha sociedade humana civilizada”.
Debe suliñarse tamén que o traballo de Pérez Davila encádrase no eido da investigación socioecómica e análise de datos cuantitativos perfectamente identificabeis por medio de mais de cincocentas citas bibliográficas, que supera amplamente o modelo de ensaio de opinión aos que nos teñen afeitos distintos autores nos últimos anos. Realmente trátase de unha aportación verdadeiramente novidosa que enriquece a bibliografía disponible, atreveríame a dicir a nivel mundial. Aplica a teoría marxiana do valor ás modernas estruturas do sistema neoliberal, pero fuxe de calquer doctrinarismo ou tentación panfletaria. De redacción sinxela e directa, faise de lectura doada e accesible a un nivel básico de formación. Mesmo diría que moitas persoas con ideas políticas discrepantes, pero con sensibilidade social poderían disfrutar da sua lectura e seguramente compartir unha gran parte dos contidos.
En resumen, as propostas do autor recollen as principais demandas que foron abrollando nos últimos decenios. Unha sociedade onde os dereitos políticos e económicos das grandes maiorías prevalezan sobre a cobiza do capital transnacional, onde a crise enerxética e medioambiental e o quecemento global sexan superadas pola planificación basada en estructuras democráticas e nos coñecementos científicos, onde o modelo patriaracal pase definitivamente aos libros de historia e onde a especie humana enfronte un futuro de paz, xustiza e democracia para o desenvolvemento progresivo das suas capacidades.
Para rematar quixera suliñar a sensación persoal de que o traballo de Xabier Pérez ten a dupla virtualidade de promover o debate e concitar o consenso. Lonxe de presentarse como un protocolo de actuacións recomendabeis, aporta unha serie de materiais, análises e documentos que convocan ao continuar no estudo e traballo colectivo para acadar non a solución utópica revolucionaria, senón as alternativas prácticas e realistas a crise global onde poden ter acollida todos e todas as que queiran participar.
E non o menos importante: escrito para o mundo en lingua galega e dende Galicia.
Evaristo Lombardero Rico.
Ribadeo, 9 de decembro de 2020.
Nota: esta entrada foi posta de novo en estado de borrador o 12 de decembro de 2020.
2 comentarios:
Na miña opinión , sen leer o libro o que se fai referencia , o que reflexa o artigo sobre o mesmo é só un análise mais para comprender o momento.A falta de unha maior reflexión chámanme a atención tres ideas ,e algunha carencia.
A primeira é a propia tese central que entrecomillo "tese central resúmese na idea de que a concentración do capital en poucas corporacións transnacionais e a planificación, tamén centralizada por medio dos modernos algoritmos informáticos, facilitan a socialización, por vía democrática, deste conxunto de superestrutura". A via da democracia representativa para a socialización de isas superestructuras considero que é unha inxenuidade si pensamos que están en mans do imperio. Analizemos a experiencia de Allende, e ollemos para intentos recentes de implantar democracias avanzadas como sucedeu en Bolivia ou Ecuador e comprobemos o comportamento da reacción .Pensemos na guerra mediática ,económica, e de todo tipo que tiveron e teñen que enfrentar países como Cuba ou Venezuela, nos que si ben a oligarquia non logrou o seu propósito final si impossibilitou avances e propicio estancamentos cara o desenvolvemento dun socialismo democrático , un país en guerra encuberta e permanente con o imperio, como eles, ten necesariamente que pechar filas, o que frena a creación de novas experiencias, de novas fórmulacions , e a militarización e burocratización de isas sociedades.
A segunda dubida é quando se di que a "tradición democrática europea", a formación cientifico-tecnica dos trabalhadores e o esgotamento do modelo de desenvolvimento ultraliberal conducen inexorablemente a toma de conciencia social. Considero que iste plantexamento ignora o poder dos média na formación de isa conciencia ou mellor dito no adormecer da mesma , medios de comunicación en poder da oligarquía .Por iso mesmo non da resposta o rexurdir do fascismo,
A terceira consideración é a renúncia a utopia revolucionária por alternativas prácticas realistas, non entendo ben a donde se quere ir, sin utopia cara a donde camiñamos ??, a poñer parches o sistema ??.
Por último encontro carencias na falta de mención a movilización social como parte da toma de conciencia, e o paso de puntas sobre un modelo de democracia máis participativo.
Sei que é un artigo aberto para o debate, e que como artigo em limitadas linhas pouco pode profundizar, pero xa apunta ideas forza moi próximas ás da socialdemocracia , tapadeira do sistema.
Na miña opinión, sen ter lido o libro ao que se fai referencia , o que reflicte o artigo sobre o mesmo é só unnha análise máis para comprender o momento. A falta dunha maior reflexión chámanme a atención tres ideas e algunha carencia.
A primeira é o resumo da propia tese central que entrecomillo: “…a concentración do capital en poucas corporacións transnacionais e a planificación, tamén centralizada por medio dos modernos algoritmos informáticos, facilitan a socialización, por vía democrática, deste conxunto de superestrutura". A vía da democracia representativa para a socialización de esas superestructuras considero que é unha inxenuidade se pensamos que están en mans do imperio. Analicemos a experiencia de Allende, e ollemos cara aos intentos acabados de implantar nas democracias avanzadas, como sucedeu en Bolivia ou Ecuador, e comprobemos os resultados .Pensemos na guerra mediática, económica, e de todo tipo que tiveron e teñen que enfrontar países como Cuba ou Venezuela, nos que se ben a oligarquia non logrou o seu propósito final. si imposibilitou avances e propiciou estancamentos cara o desenvolvemento dun socialismo democrático. A guerra encuberta e permanente co imperio obrígalles a pechar filas, o que frea a creación de novas experiencias, de novas fórmulacions, e a militarización e burocratización desas sociedades.
A segunda dubida é cando se di que a "tradición democrática europea", a formación cientifico-tecnica dos traballadores e o esgotamento do modelo de desenvolvemento ultraliberal conducen inexorablemente á toma de conciencia social. Penso que este plantexamento ignora o poder dos medios de comunicación na formación desa conciencia ou, mellor dito, no adormecer da mesma, pois ditos medios están en poder da oligarquía .Por iso mesmo non da resposta ao rexurdir do fascismo,
A terceira consideración é a renuncia á utopía revolucionaria por alternativas prácticas realistas. Non entendo ben a donde se quere chegar: sen utopía cara a ónde camiñamos?, A poñer parches ao sistema?.
Por último, encontro carencias na falla de mención á movilización social como parte da toma de conciencia, e o afondar nun modelo de democracia máis participativo.
Sei que é un artigo aberto para o debate, e que nunhas poucas liñas non se pode abarcalo todo, pero xa apunta ideas moi próximas ás da socialdemocracia, tapadeira do sistema.
Publicar un comentario