Sabíalo? Eu sabía hai tempo do tema, pero non de que fora tan chamativo. Por medio de Daniel Díaz Grandío remato de enterarme abondo máis dun xeito gráfico.
A cousa é que o Club Liceo, de A Coruña, Hóckey a patíns, este ano, unha vez máis, segue en primeira división. E, unha vez máis, de 16 clubes, 15 son cataláns. E, de novo o primeiro clasificado na liga é o Liceo... de novo por que o seu historial parece que o fai o clube con relativamente máis galardóns de calqueira dos deportes federados: "historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 40 títulos (18 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).
"
A 'estrutura' da liga fai que recorra tantos km como os seis clubes seguintes xuntos, entre outras cousas. O mapa de Daniel reflicte este feito: cada círculo ten un tamaño proporcional á distancia recorrida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario