A Torre, en novembro do ano pasado. |
Vai para oito anos que Diego Rodríguez Paz, ribadense na USC, publicou, como acta dun congreso sobre casas indianas, "A Torre dos Moreno en Ribadeo (Lugo), exemplo singular da casa indiana en Galicia". Coido que tanto a esta obra como a outras referidas a Ribadeo (sen ir máis lonxe, dentro da arquitectura indiana, a diversas charlas e escritos de Ernesto Cruzado) deberan ter máis difusión. Por iso, a máis de terme referido a ela xa no 2016, en "Unha publicación desapercibida sobre a Torre dos Moreno", pedinlle permiso para a súa publicación aquí. E aquí está. Na portada, a publicación de onde procede:
A Torre dos Moreno en Ribadeo (Lugo), exemplo singular da casa indiana en Galicia from Diego Rodriguez Paz
Ningún comentario:
Publicar un comentario