Pandemia: culpas e solucións
Manteño desde o comezo -marzo 2020- que coñecemos a denominada, en
epidemiología, CADEA da enfermidade. Reservorio do axente causal.
Características do virus. Mecanismo de transmisión. Suxeitos infectados e
infecciosos, silentes e con clínica. Cadro clínico. Complicacións.
Prevención. Tratamento. Secuelas. Pero o máis grave é: oleadas habituais
coas que cursan estas enfermidades infecto contagiosas. Morbilidade.
Mortalidade.
Ademais, púxose de manifesto que incide como unha ENFERMIDADE SOCIAL. E
así causas, tratamento e prevención, deben aplicarse no espazo colectivo
da sociedade. Cunha grave determinación. A colisión entre dereito á
saúde e modelo económico. E engado, desde o punto de vista sociolóxico:
división conductual nas cohortes poblacionais. Efectos no sistema de
liberdades, información, sociabilidade e capacidade do modelo socio
sanitario do que nos dotamos para enfrontar o fenómeno.
Desde a perspectiva historicista non será a primeira vez que un
modelo de civilización desaparece, escapa migratoriamente, ou é
conquistada por outros máis fortes ou sinxelamente máis disciplinados. E a
gran novidade para os que pertencemos a unha xeración de sanitarios que
coñeceu as unidades hospitalarias para enfermidades infecciosas, ou nos
tocou enfrontarnos a brotes epidémicos de: Tifus, Rabia, Hidatidose,
Paludismo, Lepra, Tuberculose, Sífilis, Meninxite, Poliomielite,
Viruela, VIH, e desde logo Gripes... o sistema case se esqueceu de
tales...
Cometéronse graves erros e algunha que outra irregularidade. Non é a
miña intención sinalar culpables. Si arrimar o ombreiro por si cada un
de nós facemos o que podemos e debemos na nosa contorna e así amosamos
conciencia e mobilizamos responsabilidades colectivas de abaixo cara
arriba.
1. Non sexamos ilusos, no mellor dos casos, os efectos da vacinación tardarán seis meses.
2. Non nos deixemos manipular coa euforia pola presenza de vacinas no
mercado. Mentres actúan e se fornecen, a CADEA persiste coa súa
morbilidade e mortalidade.
3. Temos un sistema asistencial moi poderoso. Pero limitado en recursos.
Tanto que pode colapsarse. Tanto que pode ter que elixir, por plétoras
de enfermos habituais e pandémicos, a quen atende nunha escala que
comeza en urxencias, continúa nas unidades habituais de atención e, ó
peor, nas tan levadas e traídas UCIs.
4. Non temos dereito a sobrecargar aos sanitarios. Polo perigo que
soportan como primeira liña que se infecta. Pola limitación das forzas
físicas e psíquicas ante a avalancha. Pola desmoralización que sofren ao
ver, mentres loitan contra a enfermidade, a sociedade esixe e práctica
condutas egoístas, incluso incrédulas.
5. Mentres non se descubra un fármaco que destrúa ao axente causal, a
primeira ferramenta que dispoñemos é a de evitar o contaxio, para o que
non hai máis remedio que recorrer ao vello ILLAMENTO, dos infectados,
dos susceptibles para infectarse.
6. Comprendo que determinados sectores da economía sofren destrución.
Pero aínda así hai que preguntar que o é irreversible. O modelo económico
ou a morte? E dígoo por escoitar nas nosas rúas: "Non teño nada que
perder... estannos matando de fame".
7. Nada volverá ser igual. Faríannos un favor os que mandan se deixasen
de intervir, e fosen os expertos en saúde pública quenes tomasen o mando.
Investisen, con carácter de prioridad absoluta, os recursos necesarios
en investigar para dar co remedio. Pensemos o que se logrou nun tempo
record en laboratorios que buscaron unha vacuna.
8. Non preguntemos que está facendo o país por nós; preguntemos que
debemos facer cada un de nós polo país -discurso de JFK- E auto
confinemos os nosos movementos, xa que a movilidad e os contactos
humanos son o núcleo intangible da enfermidade e a súa transmisión.
9. Como sempre. As vacunas foron un dos grandes descubrimentos da
humanidade para modificar as horribles "pestes". VACUNÉMONOS, e
prediquemos coa nosa iniciativa.
10. As enfermidades do terceiro mundo, en calquera momento poden
abordelar o noso. O peor que nos pode pasar é, ignoralo por prepotencia
de civilización superior, e convertelo en arma arreboladiza, máis aló do
voto, para castigar, desgastar e expulsar aos que gobernan. Debemos
esixir que ante un gravísimo problema de estado, se apliquen GRANDES
ACORDOS DE ESTADO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario