20210114

Que fixemos para non ser rescatados?

   Hoxe por hoxe, despois do rescate á banca (non fixo falta para iso coronavirus) ou ás autovías (tampouco...), o pagar por non deixar executar contratos que outras administracións tiñan concedido alegremente (tampouco para isto), subvencionar ás eléctricas se o mercado non respondía abondo (fai falta seguir?), atopámonos coas peticións de rescate a conta do coronavirus. Sexan liñas aéreas (máis grandes, e por iso as que reaccionaron antes ó ter os medios para facelo), hostalería, e logo, unha longa ristra (coido que o último rescate pedido que vin foi a conta das perruquerías), o mercado quere rescate e baixa de impostos. Algo que se diría contraditorio se se estima que isto é un xogo de suma cero. Pero iso é só se se botan as contas para toda a sociedade. Mentres que non sexa así, as contas non teñen por que ser cero. E quen pide non ten por que mirar de onde van saír os cartos, senón onde van chegar. E, se un sector é bonificado, haberá outros que se sintan discriminados, aínda que a suma correspondente a ese conxunto xa sexa positiva. Remata tratándose de ser 'máis positivo', o mesmo que coa acumulación de cartos: ter máis co viciño.

   Ah, e non meto no cálculo as desviacións de diñeiro, amiguismos e corruptelas varias ás que nos teñen afeitos, do Rei abaixo, calquera con poder público ou privado que se preze de poder tratar de ti a ti a outro poder privado ou público. Parece que non temos amaño.

   Así que, que fixemos para non ser rescatados? Ser persoas, pagar impostos, vivir unha vida normal, vender o noso traballo por un salario. Só iso? Que sinxelo!

   A sociedade creouse e desenvolveuse a consecuencia de ir medrando unha rede social, estendida ata canta persoa formaba parte dela. E parece que ben cedo se rachou a aparencia de igualdade, pero aínda así, sempre foi o desexo e esperanza dunha parte maioritaria da xente, e algo gravado de xeito indeleble na mente das persoas ao menos dende o lema da revolución francesa: 'liberté, egalité, fraternité'. O que non quere dicir, nin moito menos, que se conseguira, claro, senón que se fixo cada vez máis patente cando había desigualdade. E así agora chócanos (por empregar unha verba sinxela e suave) o que unha persoa teña prerrogativas para non ser xulgada, mesmo aínda despois de pasadas as condicións que serían a explicación para dita prerrogativa. Chócanos, pero non damos loitado dun xeito eficiente para que non pase, para que as grandes empresas e os poderes que teñen detrás sexan un sumidoiro de cartos ás que non lles importa moito a ineficiencia -ou nós- mentres manexen as canles polas que eses cartos lles chegan. Ou para darnos organizado para defender o noso dereito a ser iguais. Mentres, o camiño doado é seguir o das grandes empresas. Sexa para darlles os nosos cartos, na procura de traballo ou tentando imitalas no saqueo dos demais. Ou é que ti non queres ser rescatado?

   Que non, que non se cambia o sistema? Que é preferible seguir coas contradicións? Que o propio sistema non tenta ver alternativas, senón compoñendas no sentido de 'cambiar todo para que nada cambie'? ... Ah, vale.

4 comentarios:

clapaucio dixo...

Una solución sería dar paga vitalicia a ministros y presidentes de 500k€/año siempre que no tengan otro ingreso.
Posiblemente les sería más rentable que lo que cobrarán luego como "asesores" de energéticas, bancos y similares. De esta manera al promulgar leyes quizás no mirarían tanto a su beneficio tras el mandato.

Es que si les pagamos poco nos salen muy caros ....

agremon dixo...

Coido que non vai por aí a cousa, Clapaucio. Por iso de sempre quere máis. Pero o certo é que por probar (coido que o soldo vitalicio xa é abondo...) non se perdería relativamente tanto.

clapaucio dixo...

Tras leer la Constitución de 1815, Talleyrand le indicó al Rey Luis XVIII de Francia que echaba algo en falta: el sueldo de los diputados.
Ante esta afirmación el monarca contestó que los diputados debían considerar un honor serlo y estaban ahí para servir.
Talleyrand, astuto y taimado, se limitó a contestar: “Más caros nos saldrán“.


Y 200 años después seguimos en las mismas...

agremon dixo...

Tayllerand tiña razón. Pero posto que xa teñen soldo antes e despois de deixar o cargo, a cousa está en optimizalo. E coido que non se trata de subilo polas nubes (podería ser), senón de procurar o mellor. E os estudos amosan que a partir dun determinado nivel de percepcións, o rfendemento non ten por que subir, e mesmo chega a baixar. Particularmente coido que se trata máis ben da relación co poder, do que os cartos só son un piar.
Tema complexo para tratar só cunhas cnatas frases, e do que se teñen exemplos de todo tipo.De calquera xeito, estimo que no fundamental estamos de acordo: ós políticos hai que valoralos (e facer que nos valoren)