Remato de recibir a imaxe anterior. Unha das moitas que circulan pola rede. Cólloa para 'aledarme o día', como tenta implicar o avatar que titula a frase. Ou mellor, para non rirme dos demais, senón para aprender con eles. Nos dous sentidos, aprender co que fan, posto 'negro sobre branco' polo 'alégrame el día', e, a traverso do blog e reflexión conxunta (senón, non me tería chegado a imaxe), en conxunto con os demais.
E é que si, os que van ó ximnasio motorizados -estoume referindo a quen vai dese xeito 'sen vir a conto'- e e ou os que se poñen a camiñar na cinta para facer exercicio sen estar confinados, tamén votan. E viven. E, vivindo, fan outras moitas cousas que poden ser totalmente racionais ou totalmente idiotas. E claro, na maioría desas 'cousas idiotas', se as fan, será porque non as ocnsideran tal; ó fin, o cualificativo de idiotas ven pola xente que poda estar observando -coma min, ou coma nós, neste caso-.
É o que hai... Imaxino unha imaxe semellante on algo así como: "A xente que está pendente do Whatsapp para reflexionar nun blog, esa xente tamén vota." Evidentemente, a redacción xa supón unha visión do tema algo diferente doutro que espuxera a mesma idea con outras verbas. En todo caso, coido que non me gustaría a implicación que pode ter, nin como voto idiota nin como indicación para negar o voto a dita persoa. E ti, que opinas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario