Foto de Suso Fernández |
Collo unha foto que Suso Fernández ten publicada nas redes para lembrar o mesmo que el pretende: hai tres anos que comezaron as concentracións de pensionistas en Ribadeo. Cambiaron diversas cousas dende aquela: non hai foto de periodista (si de Suso, que as doa á prensa se quere publicalas), a xente aumentou (se ben o inverno do coronavirus non está nos índices máis altos de participación), a participación institucional hai tempo que non se deixa ver, parece que non hai tanta vixiancia da G.C. tras ter sucedido algunha vez que internamente non lles teñen transmitido a información do permiso, a distancia entre participantes tivo que aumentar polas normas da pandemia... pero o espírito continúa, e non ven de hai tres anos, senón de hai máis, aínda que non se concretar ata entón, e queda moito por facer, tanto na cabeza de moitos pensionistas como da sociedade en xeral ou dos gobernos en particular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario