A Torre dos Moreno 'está' na Wikipedia. |
Hai uns días o The Guardian titulaba unha información: "Wikipedia edits have massive impact on tourism, say economists. Adding a few paragraphs and photos can boost revenue by £100,000 for small cities". É dicir, 'as edicións de Wikipedia teñen un impacto masivo no turismo, din os economistas. Engadir uns poucos parágrafos e fotos pode lanzar as ganancias das pequenas vilas nuns 100 000 €". E entón lembrei a páxina de Ribadeo. E decidín facer un pequeno estudo: correlacionar as dimensións das páxinas de varios concellos en varias linguas europeas, tentando asemade ter datos de turismo neles.
É difícil de facer e cos datos dispoñibles só cheguei a aproximacións groseiras. Non é tan doado ver que vai antes, o mellor artigo na wikipedia correspondente (é dicir, na que fai máis impacto no turismo da localidade) ou o maior número de visitas turísticas. Nin tampouco é equivalente o que supón de promoción un artigo como o de Ribadeo en galego, castelán, francés, inglés ou alemán. Pero si que se nota unha certa correlación entre a bondade do artigo nunha lingua e o número de turistas, aínda que sexa algo difícil de separar doutras correlacións, como o número de falantes nesa lingua ou o número de visitantes dese país a España en conxunto. De calquera xeito, algo que se debera estimar para que as diversas entidades -públicas, pero tamén privadas- teñan un interese en que os artigos relacionados coa súa zona teñan información abonda, veraz e ben presentada. Porque non se trata de facer propaganda, senón de amosar posibilidades, facer un valor confiable da posta en valor da información.
A cousa pode ir máis aló. A Wikipedia é só unha posibilidade -se ben ideal para un artigo coma este- pola súa teima no punto de vista neutral e o uso xeralizado que se fai dela, directo ou mesmo indirecto -a través doutras páxinas web e sen ser conscientes deese valor-. Só unha posibilidade. Para desenvolver, que tamén na participación do común se beneficia o privado, porque nos beneficiamos todos.
Unha nota: o estudo inicial que deu lugar á publicación de The Guardian e a esta pódese atopar en http://marit.hinnosaar.net/wikipediamatters.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario