20210218

Hoxe as traballadoras do centro de día están en folga

O centro de día de Ribadeo, antigo matadoiro.

   Traballadoras esenciais -non por estaren feitas de esencia, senón por dirixir o seu traballo ás necesidades esenciais, vitais, doutra xente- e, o mesmo tempo, baqueteadas e menosprezadas, pode que por estar adicadas a un grupo de xente que se trata ás veces de facer (coma se fose) invisible.

    O servizo prestado á comunidade poidera presentar diversas formas, baixo diversas estruturas. E pode que diso vaia a folga: das manobras para reconverter un servizo público en privado, dunha privatización do seervizo. Dunha máis dun servizo común (comunal, comunitario, administrado polo de agora de xeito público) que se pretende monetizar, como se di agora, non vendo o común ou sinxelamente o servizo, senón o negocio, a posibilidade de que alguén faga negocio con el.

    "A orixe da protesta é que a Xunta pretende desmantelar o noso equipo profesonal e faino no peor momento dunha pandemia na que todas estamos en primeira liña. Así nolo pagan", é unha cita da nota da Asociación de Traballadores e Traballadoras Temporais e Indefinidos do Consorcio. Pero o fondo son as contratacións temporais que se fan en termos de abuso do poder -a Xunta- sobre a xente necesitada de emprego -a xente que pode pasar a ser traballadora temporal- nuns postos que en casos levan ata trece anos ocupando. E é que a estratexia repítese: baléirase o servizo de persoal e medios e bótase a xestión en mans privadas coa excusa de que non funciona ben e/ou sae máis barata a xestión privada, mentres se desperdicia estrutura, persoal formado e con experiencia e material e se aboca a un futuro de dependencia do común da iniciativa privada (máis ben, dos cartos que poda aproveitaqr a privada unha vez secas a fontes públicas dilapidadas).

Ningún comentario: