Co motivo de ser elixido o ribadense académico de número da RAG (na sesión do venres 20210326), deixo a biografía de Lourenzo collida de Galicia Dixital (se queres, podes ter estoutra na Galipedia):
Foi
director do Departamento de Hª Contemporánea e de América (1997-2005) e
Secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello
Científico.
En distintos mandatos foi varias veces membro da Xunta de Goberno e do
Claustro da USC. Foi membro do Consello Universitario de Galicia
(actualmente Consello de Universidades de Galicia) dende 1998 ata o
2006.
Actualmente, dende xuño de 2006, é vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria académica: Bolseiro de F.P.I (1984), Axudante de
Universidade (1988), Doutor en Historia (1990) e Profesor Titular dende
(1993).
Doutorado en Santiago cunha tese sobre a innovación tecnolóxica na
agricultura galega contemporánea, completou a súa formación con estadías
no Institute of Historical Research da Universidade de Londres e
noutras universidades e centros de investigación, a máis recente no
Department of Geography do University College Cork.
Investigación e publicacións:
Especializado en Historia Agraria e Historia do século XX, traballa
principalmente sobre o cambio tecnolóxico e os cambios na sociedade
rural contemporánea. Ten publicado máis de 75 traballos científicos,
entre outras nas seguintes revistas: Historia Social, Recerques,
Historia Agraria, Studia Historica, Ayer, Revista de Occidente, Grial...
Autor e editor de 10 libros, entre outros: “Labregos con ciencia”. Vigo
(1992), “La sociedad rural en la España contemporánea”. Santiago (1996”,
“Poder local, élites e cambio social na Galicia non urbana”, Santiago
(1997”, “Terra e Progeso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea”,
Vigo (2000). Coautor de “El Pozo de todos los males. Sobre el atraso
agrario en la España contemporánea”, Barcelona, Ed. Crítica (2001).
Investigador principal en catro proxectos de investigación, e varios
contratos e convenios de investigación, participou tamén na equipa de
dous proxectos europeos e foi coorganizador de varios congresos
científicos. Na súa liña de traballo sobre a sociedade do século XX
coordina dende 2006 o Proxecto de Investigación interuniversitario “Os
nomes, as voces...” sobre a represión na Galicia da guerra e o
franquismo.
Forma
parte dende 1995 do General Board da rede europea ESTER (European
School for Training in Economic and Social Historical Resarch), para a
formación de estudantes de terceiro ciclo. Actualmente é Vicepresidente
da Sociedade Española de Historia Agraria e formou parte do Consello
Editorial da Revista de Historia Agraria durante dez anos.
Foi premio extraordinario de licenciatura e de doutoramento e premio
Lousada Diéguez e da Crítica de Galicia, nos apartados de Investigación,
en 1993.
Ningún comentario:
Publicar un comentario