20210316

O gasto da Xunta nos centro públicos de ensino de Ribadeo por coronavirus no 2020

   Por fin, despois dunha reclamación non atendida, recurso ó Valedor do Pobo, resposta iincompleta, reclamación do valedor... sábese a distribución dos cartos 'extra coronavirus' para os centros públicos de Galicia. Praza.Gal comezou o proceso hai seis meses e remátao agora poñendo os daos recibidos nun formato amigable para aproveitar. Aquí quedan os que corresponde a Ribadeo (por certo, no listado vese as claras que o criterio de distribución non foi o número de alumnos, ou ao menos, non só).

164 CEIP Gregorio Sanz                     Ribadeo      27010891     11717 €

276 IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Ribadeo     27020902     9546 € 

   O primeiro número corresponde ó número de orde por importancia da recepción (dun total de 920, non aparecen cos CIFP como o Porta da Auga), e o comezado por 27 é o código do centro para a administración da Xunta.

   O centro que máis cartos recibiu tivo 31 347 € e os dous que menos, 600 €

   Para comparación, os correspondentes a Vilalba:

65 IES Santiago Basanta Silva         Vilalba 27013314     14454 €

216 CEIP Antonio Insua Bermúdez Vilalba 27013338     10717 €

282 CEIP Manuel Mato Vizoso         Vilalba 27013296     9442 €

785 IES Lois Peña Novo                   Vilalba 27013326     2068 €

797 CEIP Terra Chá                         Vilalba 27015827     1919 €

842 CEIP Monseivane                     Vilalba 27015724     1356 €

Ningún comentario: