Hai xa tempo que hai no blog varias entradas relativas á Ponte dos Santos. Por exemplo, aló polo 2016, na entrada 'Contribucións para unha historia da Ponte dos Santos', deixaba esta curiosa imaxe:
Noutras entradas hai sellos, planos, vistas aéreas... Incorporo aquí fotos de 2021 que poden contrastar con algunhas anteriores.
A primeira, da estrutura nova de costelas tras a ampliación, non desentona das tomadas recén refeita para a autovía.'Decoración' no apoio da ponteá beira da estrada camiño do faro. Esta si contrasta coa limpeza inicial do muro.
Un lugar esquecido, a cova na rocha por baixo da estrada do faro. Enchida a base, sen acceso da auga, non parece probable que de un disgusto de xeito próximo.
Os piares contrastan con outra foto tomada con marea máis baixa. Pero tamén pola invasión de ostras que se estendeu pola ría estes anos e polos cables cortados dos sensores nos piares.
Os chanzos do recheo á beira daa ponte, tamén invadidos de ostras.
Unha ponte que no seu momento se dixo que se ía facer e pasaron décadas e segue sen verse, entre a baixada por baixo da ponte e as escaleiras de baixada de San Miguel.
Unha foto simbólica, a ponte, prohibida en tempos de Covid...
Ningún comentario:
Publicar un comentario