20210530

Defendamos a pequena empresa familiar. Pablo Mosquera

Defendamos a pequena empresa familiar 

   Fai uns días Sito Otero Regal, puxo o dedo na llaga. A Sito ninguén lle regalou nada. Poida que se ignore como a súa creatividade e esforzo lograron ser unha marca que transcende en moito as fronteiras das provincias de Lugo e Mondoñedo. O seu complexo industrial goza sendo museo e a súa persoa Premio Nacional de Artesanía. Dispón dunha fermosa galería de arte, un salón para conferencias ou debates, unha exposición de cerámica con valores históricos, amén do mantemento para a antiga fabricación de pezas en coiro. Un luxo e un espazo sempre aberto á divulgación!. 

   Sináloo non só por ser o meu amigo. É un dos "buques insignia" daqueles emprendedores ou fomentadores que deron vida ao tecido social constituído polas pequenas empresas familiares, autónomos, creativos comprometidos coa economía social. 

   Foi un acerto: "o pequeno comercio é o sorriso da túa cidade". Engado: "cando un pequeno enclave comercial e laboral pecha, unha parte da nosa alma mórrese". E é que moito antes da factoría, esta Mariña máxica por natureza, ofrecía: mar, pesca, praias, cascos históricos, monumentos como esas marabillosas cetarias para as desaparecidas langostas do Cantábrico Galaico; e desde logo, o pequeno comercio, as industrias de transformación -conserveiras- e unha hostelería hospitalaria, tertuliana, raíña da mellor gastronomía e centro social para o costumbrismo entre cheiro ao iodo das algas e ó vento mareiro salpicando coas pingas dos salseiros, que nos dan esa cor morena propio da nosa estirpe. 

   Coincide o artigo de Sito Otero Regal coa mala noticia do pasamento ao infinito do gran Cardís. Catro irmáns- Perico, Cardís, Marucho, Oscar- que puxeron música e baile nas nosas vidas, á beira de Carolino. Eran verbenas e salóns onde tangos, pasodobres, ou música do Caribe, contribuíron a conxugar o verbo amar, con Variedades de Viveiro. 

   Todo aquilo polo que a xeración dos nosos pais loitaron, ensináronnos a ser duros e traballadores, apágase. Hoxe todo é desechable. Nada dura máis que o tempo calculado pola subcultura do consumo. Pero o que peor levo é, que algúns só palpiten, griten, se angustien, polo futuro da bauxita que chega en grandes cargueros. Pois me parece ben, a condición de aplicar o mesmo entusiasmo, loita, manifestación, presión sindical e popular, a esas pequenas empresas familiares que son a semente do noso ser para decidir, como galegos e en galego.

Ningún comentario: