20210524

Por Nuestro Faro. Nota de Prensa. Ribadeo, 20210524

 


Por Nuestro Faro

Nota de Prensa

Ribadeo, 20210524


A finais do mes pasado, unha vez observada a evolución dos incumprimentos en relación coa illa Pancha, o acceso e o medio, dende o noso grupo puxémonos de novo en contacto co Defensor del Pueblo.

Cabe lembrar que anteriormente, o Defensor del Pueblo admitira a nosa razón e dereito, e solicitara e presionara a diferentes administracións a resolución e restitución da Illa Pancha a un estado legal e de uso semellante ó que reclamamos, rematando por -literalmente- tirar a toalla ó non ter poder para obrigar a cumprir coa legalidade a ditas administracións -sexan Concello, Xunta ou Ministerio- e entidades como Puertos ou a concesionaria, como representa o parágrafo final do seu escrito:

Esta institución lamenta no haber podido resolver el problema denunciado por esa Asociación y la falta de diligencia de la Administración portuaria para asegurar el uso sostenible de los espacios de su titularidad y para evaluar y corregir los posibles impactos de un proyecto que se ejecuta en un lugar de la Red Natura 2000”

Se agora nos referimos de novo á institución que representa o Defensor é porque a ocupación da illa Pancha, e os permisos para unha cafetería mesmo sen ter solucionado problemas anteriores, entendemos que seguen non só a vulnerar os puntos sinalados polo Defensor e outros que non se chegaron a poñer no seu coñecemento, senón tamén acumulando incumprimentos e vulneracións que atinxen a todos nós como comunidade nunha illa que é emblemática para Ribadeo e os ribadenses. Emblema que non envellece, senón máis ben se potencia, como o amosa que esta mesma semana saia nos xornais en varias ocasións como imaxe simbólica de Ribadeo de cara á promoción do turismo. E emblema que vai ser usado unha vez máis, desta volta a raíz dunha licenza outorgada polo concello en pleno peche polo Covid para obrar e abrir unha cafetería, feito detonante pola nosa indefensión da nova apelación ó Defensor del Pueblo.

En resposta á nosa petición, o Defensor tennos solicitado o pasado mes documentación varia que xa enviamos, continuando o proceso, do que iremos dando conta a medida que a situación o requira.

Ningún comentario: