20210518

Seguindo coas letras galegas. Madialeva e Ana Moreiras

   A modo de extensión do día das letras galegas, as Letras no Campo de 2021 deixaron unh manchea de presentacións, das que gravei un par delas. Deixo aquí a presentación de Madialeva pola súa autora, Ana Moreiras, acompañada de Neves Paz, que fixo a introdución da autora.

   Mercara o libro o día anterior e xa o tiña lido o domingo á maña, o que fixo que prestara máis interese ó que se dixo. Na presentación, co local da antiga oficina de turismo ribadense cheo e ente de pé (se ben cabe lembrar que estamos en pandemia, con aforos reducidos), había público de todo tipo, comezando por xente de Ribadeo que querían falar (e achegarse) do proceso de realización dunha historia en banda deseñada a outra que esperaba ler o libro.

   A dedicatoria, como algo adicado, gárdoa para min. Pero non me impide falar dela. Ten varias partes. A máis visual, un tractor nun campo, ambos verdes, fixo de prolegómeno á parte escrita e confirmoume á autora en consoancia coa propia obra. Un comentario que deixei nas redes: A cabalo entre banda deseñada e novela gráfica, Miraz emerxe como centro dunha Galicia que aínda está nos nosos ósos. O grafismo simplifica a percepción, que non o percibido. Unha obra gustosa que vai engailoando a atención ó tempo que liberando o pensamento. Recomendable.

   Coido que se poderían comentar moitas cousas sobre a obra, comezando pola representatividade da portada, pero coido preferible ler o libro e non os comentarios sobre o libro. Ao menos, antes de telo lido.

   A portada:

  E o vídeo da presentación:


Ningún comentario: