Remato de reler e decatarme...
Ribadeo, verán de 2006. Corría o último ano da corporación municipal con Balbino Pérez na figura de Alcalde cando foi votado en pleno, por unanimidade, e cito as verbas como o recolleu José Mª Rodríguez Díaz no seu momento, "Por unanimidad de todos los partidos se aprueba la ejecución de una Terminal de carga y descarga de mercancías en las proximidades del futuro Polígono Industrial de Ribadeo, que sabe Dios cuando saldrá adelante."
Cabe aclarar que, naquel momento, había tres partidos no consistorio: PP (o máis votado), PSOE (que ostentaba a alcaldía) e BNG (coaligado co anterior, coa vicealcaldía), é dicir, os mesmos que hoxe (aínda que en diferente proporción). E cabe lembrar que en eleccións intermedias, sempre ditos partidos obtiveron postos abondos para superar a maioría de xeito folgado. E, polo tanto, para executar o acordado.
Ben, 15 anos despois, a terminal de carga e descarga segue sen ver a luz nin remotamente, mentres o polígono industrial está, segundo como se mire, desaproveitado ou anémico, á beira dunha vía que está a ser testemuña dun desmantelamento implícito dende hai xa anos abondos, á beira tamén dunha estrada e unha autovía convertidas en eixe case únicos de transporte, e lonxe dun porto con accesos -tense dito por moitos lugares, persoas e tempos- inadecuados para os tempos actuais. É dicir, a terminal seguiría a ser unha necesidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario