Hai máis dunha década que o servizo de novas do concello de Ribadeo comezou a funcionar (2007). Levo comentado aquí non só moitas desas novas senón tamén a propia deriva das novas, o seu uso ou a súa cantidade (a máis de cousas como o que non sexan subministradas fotografías dun tamaño decente para reproducir no blog). Hoxe atopeime a seguinte, que deixo para que cada quen xulgue:
Novas
BARCIA PIDE TAMÉN RESPONSABILIDADE Á VECIÑANZA
Vacinación
10/06/2021O alcalde ribadense, Fernando Suárez, recibiu hoxe a primeira dose da vacina contra o covid19. Fernando Suárez agarda que "o resto da poboación máis nova ca min a vaia recibindo nas vindeiras semanas".
O rexedor comentou que "atendendo a chamada para o día de hoxe, acabo de recibir a primeira dose da vacina contra o mal bicho que tanto cambiou as nosas vidas neste tempo".
Suárez Barcia agarda que "o resto da poboación máis nova ca min a vaia recibindo nas vindeiras semanas. Só a ciencia, coma sempre, nos axudará a saír deste pesadelo. Seguimos".
O alcalde aproveitou para facer unha chamada á responsabilidade da veciñanza: "os datos indican que seguen a baixar os contaxios a 14 días no noso concello. Non podemos baixar a garda, temos o verán á volta da esquina e todos e todas nos xogamos moito. Compre ir con coidado e respectando as medidas sanitarias en vigor en cada momento".
Ningún comentario:
Publicar un comentario