20210621

Variante Delta. Pablo Mosquera

Variante Delta

Era de manual. Os virus que provocan estados pandémicos mutan. As fórmulas sanitarias máis eficaces para defendernos son dúas. A campaña de vacinación que acade en menor tempo ao maior número de suxeitos sans susceptibles. O seguimento de como se comporta o virus para romper a súa cadea de transmisión. E no medio algo elemental pero desgraciadamente inusual na nosa contorna. Son os expertos en saúde pública, epidemiólogos, virólogos, sanitarios de alto rango e experiencia, quen deben dirixir as medidas para a poboación. Aquí, foron e seguen sendo os políticos quen o fan.
Queixábase o presidente Núñez Feijoo, con toda a razón. De súpeto as máscaras xa non son necesarias. Díxoo o Presidente do Goberno, deixando fóra de xogo a comités e comunidades. E é que non creo ser mal pensado cando afirmo que todo vale para distraer ao persoal ante outros problemas de gran calado nacional. Así esta pandemia recoñeceuse tarde, aplicáronselle medidas coercitivas que vulneraron os Dereitos Fundamentais con aquelas impresionantes postas en escena onde parecía que serían os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado os principais actuantes, para concluír cando convén á maltrecha economía de España, máxime por tratarse dun país que depende do lecer. Así que xa o saben. Non só chega o verán meteorolóxico. Chega a normalidad oficial.
Recórdame a época da oprobiosa, cando o frío oficial empezaba o primeiro de novembro e acendíanse as calefacciones dos recintos públicos, que se apagaban o primeiro de abril polas mesmas obediencias debidas.
Pero a información está globalizada. Xa non se pode manipular co fútbol e os touros. Calquera pode acceder mediante internet aos informes da OMS e as súas diferentes antenas sanitarias. Hai unha cepa -delta- procedente da India que é máis infecciosa, estase estendendo velozmente polo mapamundi, hai serias dúbidas sobre a súa resistencia ás vacunas ao uso, a máis diso a curta duración dos anti corpos vacinais; todo indica que no outono ou quizá antes, terémola sobre nós, e haberá que volver ao quilómetro cero. Con novas campañas de vacunación.
Deberiamos tomar boa nota. Deberían reforzar as medidas de prevención e asistencia, máis aló daqueles aplausos das 20 horas -quen os lembra xa?-. Poida que tralo verán teñamos informes técnicos, sen manoseo político, sobre número real de mortes pola pandemia, traballadores sanitarios afectados, erros gravísimos cometidos, e se extraeran cambios para as nosas formas de vida, traballo, diversión e sociabilidad que eviten os contagios.
Sempre me estrañou. Non están prohibidos por Normas do Estado e das Comunidades, os botellóns? Entón, que pasa co fenómeno? E as residencias para os nosos maiores. Incorporámolas ao denominado espazo socio sanitario -curar e coidar-? Non podo nin quero evitalo. Son un optimista ben informado -pesimista-. 

Ningún comentario: