Dende febreiro non había tantos casos en Ribadeo. De onte a hoxe, a incidencia rexistrada polo Sergas saltou de 12 a 20 casos, é dicir, de 120 a 200 por cada 100 000 habitantes. Dise que o brote está asociado ó visionado do campionato de futbol en conxunto nun local, algo que non puiden comprobar. En calquera caso, o aumento rápido de onte a hoxe fai prever que seguirá a aumentar nos próximos días.
De novo, xentidiño!: a vacinación vai avanzando, pero aínda queda moito, e as vacinas non son efectivas 100 %. Todos temos fallos...
Nota: as tempadas sen datos, en xeral o número de casos mantívose por baixo de 10. |
Toma de pantalla da web do Sergas, a media mañá de hoxe. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario