Remato de atoparme cun libriño (21 páxinas) de José Manuel Blanco Prado que dá conta de dous santuarios marianos en Ribadeo, o das Virtudes, na Ponte de Arante, e o de Vilaselán. Un pdf descargable e de lectura doada.
Por certo, aparece citado na bibliografía 'As Festas Populares no Entorno Ribadense', que no seu día promovín. Non aparecen polo contrario (e coido que é unha mágoa), nin o material da Galipedia nin os traballos de Emilio Piñeiroa.
1 comentario:
É unha mágoa que non apareza nin siquera nomeado Emilio Piñeiroa, quen tantos artigos escribiu sobre o tema da Virxe das Virtudes da Ponte de Arante e sobre as súas repercusións históricas. Este tipo de oscurantismo non lle fai ningunha falta a nosa historia local, e por suposto a endogamia nunca foi boa
Publicar un comentario