20210913

Coronavirus en Vilalba, luns 20210913: 10 casos. Fin de serie

A expansión do coronavirus en Vilalba no 2021, ata a actualidade. Vese que esta vaga tivo un máximo abondo menor que a de comezos de ano, coa entrada da pandemia no asilo.

   Hoxe o sergas reporta 10 casos, cunha incidencia de 71 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Por baixo desa cifra xa poñerá 'entre 0 e 9', o que non fai posible a súa representación co mesmo sistema que viña empregando. Ou sexa, que ata aquí chegaron as entradas desta vaga actual, que espero non repunte: se mañá ves unha entrada deste tipo, mala cousa... E, mentres, coidadiño.

   Entradas desta serie.

Ningún comentario: