20210903

En lembranza dos nosos dereitos

   Un mes máis, un novo acto necesario para dicir que seguimos defendendo os nosos dereitos e os de todos. Mañá, sábado catro de setembro, concentracion no Cantón, con tódalas medidas de seguridade, para estar seguros nós e os demais. O chamamento é para todos e todas, non só para pensionistas e xubilados: as condicións de xubilación están vinculadas ás condicións de traballo, e pouca é a xente que está libre de traballar se non quere facelo... A máis, tamén dependen dos roubos de estado, entre outros factores a máis dos puramente legais.

   Un movemento que está a facer historia pola súa duración e que espera facela tamén polo seu impacto. Polo momento, xa ten logrado cousas, aínda que quede moito por facer. Moito que é necesario facer.

Ningún comentario: