Onte, o eldiario.es publicou un mapa no que, collendo datos do catastro, pode verse o plano de alturas dunha poboación española calquera, en calquera ano dende o 1900 ata a actualidade. Collendo eses planos correspondentes a Ribadeo de 10 en 10 anos, do 1900 ata o 2020, fixen unha montaxe na que van aparecendo cada segundo os planos en orde correlativo (e volve comezar). Realmente pois, o que presento é só unha parte da información que se pode obter na páxina https://www.eldiario.es/economia/mapa-alturas-edificios-catastro-vertical-urbanismo-espana-vive-pisos-casas_1_8331375.html accesible para calquera, mais o aspecto dinámico dalle un aquel diferente.
Usa un código de cores, que deixo xusto abaixo.
Coma outras veces, pódese confrontar as imaxes coas correspondentes a Vilalba.
Unha imaxe mellorada: Deconstrución de Ribadeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario