20210930

O desenvolvemento de Vilalba. Vilalba dinámica

   Onte, o eldiario.es publicou un mapa no que, collendo datos do catastro, pode verse o plano de alturas dunha poboación española calquera, en calquera ano dende o 1900 ata a actualidade. Collendo eses planos correspondentes a Vilalba de 10 en 10 anos, do 1900 ata o 2020, fixen unha montaxe na que van aparecendo cada segundo os planos en orde correlativo (e volve comezar). Realmente pois, o que presento é só unha parte da información que se pode obter na páxina https://www.eldiario.es/economia/mapa-alturas-edificios-catastro-vertical-urbanismo-espana-vive-pisos-casas_1_8331375.html accesible para calquera, mais o aspecto dinámico dalle un aquel diferente.

   Usa un código de cores, que deixo xusto abaixo, pero que aparece tamén nas imáxes dinámicas.

   As alturas póñense no plano que corresponde co ano de comezo de construción, e seguen nos planos sucesivos ata a actualidade. Hai que coller o conxunto como algo aproximado aínda que corresponda co catastro. Por exemplo, aparecen como de 1 planta tanto as de planta baixa como algúns terreos que teñen muro, pero non construción interna. Iso, aínda a máis dos erros, que os ten. Así, non puxen o ano 1900 porque a única edificación que aparece é o parador, a torre da homenaxe e a parte nova incluídas, como se ambas fosen medievais.
   Por outra banda, os que aparecen son edificios que chegaron ata os nosos días, non contabilizando edificios que desapareceron.
   Unha última nota: as vías de comunicación que aparecen como referencia son as actuais.
   Que vos aproveite!
Como outras veces, pódese confrontar estas imaxes coas correspondentes a Ribadeo.
 

Ningún comentario: