Collido do blog de José María (orixinal en galego), publicado o día de reis de 2007.
Viernes, 05 de enero de 2007
RECUPERAR LA ÉTICA EN LOS CONCEJOS
• Publicado por jmrd_ribadeo a las 10:44
Moitas veces coller a pluma para escribir é un martirio. Todo vai ben cando nos embarga a beleza do mundo que nos envolve. Cando é así, as palabras saen soas para pintar de luz e cores a vida na que vivimos. O problema está cando o que sentimos son tristuras e desenganos polo que vemos que pasa no día a día da política municipal. Daquela, do corazón sí saen tristuras e decepcións, expresións de todo o que estamos a ver a cotío no noso entorno. E eses son os sentimentos que nos embargan hoxe ante o derroteiro polo que camiñan algúns dos servidores públicos que temos máis preto dos cidadáns. Os nosos alcaldes. Xa sei que é verdade que non sequitur scientia ex paticularibus. Ou sexa, que 'non son todos os que están'.
Pero parece que, en algúns deles, o servizo público trócase nunha solución económica ás suas aspiracións privadas. Perdeuse o medo. Perdeuse a vergoña. Perdeuse a capacidade para distinguir entre o ben e o mal. A perversión dos principios éticos xa non firen a sua conciencia. Son inmunes ó ben e ó mal. Para eles o valor supremo é o poder, é o diñeiro.
Esiximos limpeza e transparencia a quenes se adican o noso servizo. E demandamos que quen se sinta chamado a facelo dende as institucións se adique a corregir os desvíos de aqueles que tanto dano están a facer a sociedade. ¿Por qué se están a calar e non interveñen? Algo ten que escomenzar, xa que logo, a cambear na sociedade. É urxente unha solución a este problema. ¿Qué está a facer a sociedade fronte a corrupción que nos arrodea? ¿Cando vai a deixar de camiñar l? contra l?, e coa cabeza agachada? Pero os políticos que nos gobernan non viñeron de Marte. Sairon da nosa comunidade. ¿Entón, qué está a pasar na sociedade para producir estos enxendros?
Os moitos casos de corrupción que saen na prensa a cotío, fannos vivir nun mundo marcado pola sospeita. Sospeitas de especulación, tráfico de influencias e ocultación fronte ós cidadáns na vida dos nosos concellos. Sospeitas de prevaricacións. Sospeitas de claudicacións ante os dona ferentes que tentan mercar a vontade dos nosos políticos. E hasta tal punto é así que hoxe moitos dos que se adican a política activa son mirados como sospeitosos. ¿Qué está a pasar? ¿Por qué se chegou a ésto?-
Ningún comentario:
Publicar un comentario