20210929

SOBRE A RESTAURACION DA TORRE DOS IRMANS MORENO. Evaristo Lombardero Rico

SOBRE A RESTAURACION DA TORRE DOS IRMÁNS MORENO

    Hai poucas semanas o Sr. Alcalde de Ribadeo anuciaba que xa estaban moi avanzados os trámites e o proxecto para a restauración da Torre e que proximamente sería unha realidade. Sin embargo as súas declaracións seguen rodeadas dun tépedo escurantismo e deixan moitas dúbidas no aire. Véxamos algunhas delas:
    Non se coñece o suposto proxecto de restauración, o que contrasta ca publicidade que se dá en outras ocasións. Non se sabe nada de cando vai comezar, nin hai unha data aproximada, polo menos, de cando se pensa rematar. Non se sabe nada de cales son as actuacións previstas, a que elementos do edificio vai afectar; se se trata de un proxecto de restauración integral e polo tanto definitiva ou estamos diante dunha actuación parcial de limpeza de fachadas e unha man de pintura. Tampouco hai ningunha información sobre os investimentos previstos, que darían unha orientación aproximada da entidade da intervención. En fin non se sabe nada de nada,
    Pola outra banda compre lembrar que o convenio subscrito polo Concello de Ribadeo e mais a empresa Paisajes de Asturias en setembro de 2019 segue sendo un documento secreto a día de hoxe. Por aquelas datas o colectivo “En Marea” de Ribadeo dirixiu varios escritos (o último deles o 4 de novembro do mesmo ano) solicitando copia do devandito convenio pero a gracia non foi concedida. No mesmo escrito solicitábase información sobre o taxación final do 21 % do edificio propiedade do concello, pero tampouco se nos deu unha cifra concreta. Recórdese que o concello permutaba a súa parte por un edificio restaurado (tampouco se sabe para que ano) na Praza de Abaixo, que aportaba a outra parte.
    En segundo lugar, por non entrar en mais miudezas, convén suliñar que no Pleno do 1 de Xullo de 2015 tomouse o acordo de delegar na Xunta de Goberno as competencias para xestionar este tipo de convenios e dese xeito eludir a publicidade propia do pleno. Obsérvese que a opacidade deste proceso non ven da semana pasada. En realidade debéramos remontarnos a xaneiro de 2010 para poñer ao día as “xestións” do Sr. Alcalde cara aos antigos propietarios dalgúns dos pisos que acabaron vendendo á empresa devandita, pero ímolo deixar ahí para non extendernos.
    Non entraremos polo miúdo no historial de convenios tácitos ou escritos, pero sempre rodeados de oscurantismo, nos que participou o actual alcalde de Ribadeo ao longo da sua dilatada carreira política. Por exemplo o convenio asinado o 31 de xullo de 2008 con EON, SEPES e a Consellería de Industria para promover a Subestación eléctrica e presentado ao público como decisivo para o polígono industrial e eliminar os cortes de luz. Lembrar que os cortes de luz seguen igual ou parecido e os prezos das parcelas son os mais altos da comarca. Ou o convenio con Castropol a través da Asociación Puente de los Santos que forneceu unha plantación de Arandos en Arnao e outra de Froitos do Bosque en A Devesa das que nunca se recolleu un kilo de producción pero se evaporaron mais de 880 000 euros. Ou lembrar os Convenios Urbanísticos asinados con tres grandes construtoras, sen mención á afección ao Camiño de Santiago en dous de eles e metendo no PXOM a edificabilidade para un edificio mastodóntico no terceiro, de baixo e oito alturas a costa de reducir a eficabilidade dos colindantes (Rúa Rosalía Castro, xunto do Gadis). Ou o exemplo da concesión a unha determinada empresa da obra da travesía dende o Instituto ao Parador, aprobada definitivamente no pleno do 3 de setembro de 2009, cuxa acta, por certo non figura na paxina web, para rexotar na instrucción do caso Pokemon en forma de petición de favores a familiares. Ou o convenio co Sr. Feijoo para inaugurar unha conducción de residuais que deixou sen entroncar unha gran parte das baixantes do casco urbano e rematou de destragar o Río de Vilaselán. Ou o acordo co Ministerio de Fomento do Sr. Rajoy polo que se decidiu privatizar a Illa Pancha, “un premio para Ribadeo” e rexeitar a esixencia do Defensor del Pueblo de realizar un Estudo de Impacto Ambiental Simplificado dacordo ca Lei de Avaliación Ambiental. Ou por non ir máis lonxe o acordo ca Deputación e Florentino Perez para concederlle a explotación dunha gran parte da residencia da terceira idade e despois transferirllo a outra firma descoñecida. En fin, non nos estenderemos, so suliñar que a ao longo de estes anos,en todos estes casos e outros que poderíamos lembrar o Sr. Alcalde de Ribadeo sempre contou co consenso do Partido Popular.
    A partir de aquí só nos queda facer un chamamento ás persoas que poidan estar interesadas en promover un seguimento de este proceso e presionar a nivel social para conquerir unha restauración integral e definitiva da Torre de Os Moreno que polo camiño que vai ten moi poucas posibilidade de acadarse.

Ningún comentario: