Escrito en galego por José María.
Jueves, 01 de febrero de 2007
O LABREGO E A SERPE
• Publicado por jmrd_ribadeo a las 14:04
Conta Esopo nunha das súas fábulas que achegado o inverno, un labrego atopou unha serpe chea de frío. Doído dela, recolleuna e acobillouna no seu peito. Reanimada pola calor, a serpe recuperou os sentidos o traboulle o seu benfeitor, quen, sentíndose morrer, dixo: Ben o merezo por haberme compadecido dun ser tan malvado!.
Despois de haber adicado o seu esforzo e traballo a promover a Balbino Pérez Vacas como candidato do PSOE a alcaldía de Ribadeo, a D. Santiago Fernández-Reinante pasoulle como ó labrego de Esopo. Catro anos lle fixeron falta a este concellal disidente do PSOE para despertar a realidade. A mágoa foi o motivo polo que o fixo. Durante todo este tempo non dubidou, levado pola sua ilusión e inexperiencia, en amparar, co seu fogaxe e apoio, as máis que dubidosas andainas do alcalde e do seu goberno municipal. Catro anos é un longo tempo apoiando o ocultismo e o desgoberno dunha xestión, para justificar agora o seu enfado porque non o levan na lista de candidatos a alcaldía. Pagou cara a novatada.
Fixo falta que lle pisaran o rabo, como ós cas, para sair a ladrar nos medios e denunciar o que está a pasar no concello. Ninguen dubida que sabe moito do que pasou durante esta xestión. Pero agora a xente pregúntase porqué estivo tanto tempo calado e prestándolle o seu apoio o alcalde, en actuacións nas que están a perxudicar ó pobo de Ribadeo. ¿Estaba a pensar en sí mesmo ou no interese do pobo a quen agora apela?
É certo que é humano equivocarse. O home está sempre a tempo de arrepentirse dos seus erros. Saber pedir perdón é de valentes. E él non será o primeiro que o faga. Pero hai que pagar o prezo polos erros cometidos. O prezo é dicir a verdade do que está a pasar na xestión do concello para desenganar ós cidadáns.-
Ningún comentario:
Publicar un comentario