Outro artigo collido do blog de José Mª, denunciando a perda de dereitos da xente nun tema de paso de comunitario a público e de aí a chiringuito privativo (que, neste caso, non privatizado como entidade, pero si como espazo a favor desa entidade sen control efectivo por parte da xente). Escrito por José Mª en galego.
Martes, 16 de enero de 2007
O PECHE DO PORTO DE MIRASOL
• Publicado por jmrd_ribadeo a las 23:01
As sospeitas tórnanse realidade. O acceso ó porto de Mirasol de Ribadeo vai a ser pechado á libre circulación. Queda así privatizado. Son os efectos que impón a economía globalizada. Os intereses das multinacionais están por riba de todo. O sistema capitalista tenta acaparar todo para utilizalo no seu beneficio. As costumes e as tradicións dos pobos sucumben ante os intereses da globalización económica. Mesmo o socialismo prégase ós seus intereses, como está a pasar no caso de Ribadeo.
Deste xeito, a forma de vida das xentes desta vila xa non voltará a ser como era antes. Eses espacios, dos que Ribadeo disfrutou desde a noite dos tempos, están a serlle roubados. Os portos eran o seu corazón. Por eles entraban os seus alimentos e canalizaban o seu comercio. Paseando por eles os veciños da vila adicábanse a disfrutar das suas horas de vagar.
Hoxe tócalle o turno ó de Mirasol. Mañá será, tal vez, o de Porcillán. Ribadeo perde con eles a esencia da sua identidade.
¿Qué xestión fixeron as autoridades locais para tentar de conservar o patrimonio da vila que herdaron? Abandonaron os espacios públicos de Ribadeo en mans privadas. E mesmo parece que o fixeron con nocturnidade e aleivosía, mentras dicían que 'o porto non se pechará, nin agora nin no futuro'. ¿Qué pintan alí, xa que logo, as verxas e a caseta que están a pechar os seus accesos?
Contra o que prometera no seu programa, o alcalde empezou o seu mandato defendendo os recheos na Ría. Hoxe defende a privatización do porto. ¿Non se puido reservar, siquera, certos espacios para o lecer dos veciños e demáis cidadáns? ¿Ata onde pretende chegar co seu programa de expoliar os bens públicos do concello de Ribadeo? A sua rexeitable xestión non dá para máis. Non é coherente co que prometeu. Agora son os veciños os que teñen a sua palabra.-
Ningún comentario:
Publicar un comentario