Montserrat Iglesias Núñez, farmacéutica en Ribadeo, fixo o venres de introdutora da autora de Pioneiras de ciencias de Lugo, María Isabel Fernández García. A autora recorreu diversas nomeadas, en particular da ribadense Manuela Antonia Barreiro Pico.
Deixo a continuación dous vídeos (forzado por un corte) que dan fe da práctica totalidade do falado na mesa, aínda que non da actuación anterior e posterior do coro do Sagrado Corazón.
O acto, organizado polo colectivo Egeria e a Xunta de Galicia, agrutinou público no teatro como poucas veces nestes tempos pandémicos.
Á saída do acto foron repartidos exemplares ós asistentes.
2 comentarios:
Moitas grazas polos videos e a todo o público que nos acolleu con moito cariño. Grazas tamén a concelleira de educación e igualdade Mª Luz Álvarez do concello pola súa presencia. Recordamos que si se queren aportar datos de mulleres de ciencias nadas antes de 1920 os recibimos con agrado e así coñecer esa metade da historia que está por contar.
Isabel Fernández
Grazas, Isabel, por compartir o que sabes.
Publicar un comentario