NOTA DE PRENSA DE UN GRUPO DE ANTIGOS MEMBROS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA
DA RIA DE RIBADEO
No día de onte, xoves, 4 de novembro, unha axencia de noticias ten
difundido
unha información sobre un suposto acordo do Instituto Geográfico
Nacional sobre a denominación oficial da Ría de Ribadeo. Pola nosa
banda, ao marxe de calquer polémica só queremos transmitir a seguinte
información: O
día 28 de Outubro, o noso grupo de antigos membros da Plataforma Pola
Defensa da Ría de Ribadeo remitimos ao Instituto Geográfico Nacional un
informe de 22 páxinas con alegacións ao documento presentado no seu día pola Dirección General de Política Llinguística del Principado de Asturias. O noso informe, que está colgado no Blog
Ribadeando de Antonio Gregorio, aporta 134 mapas ou cartas mariñas onde
aparece a denominación "Ría de Ribadeo" e un mapa onde figura o doble
toponímico Ría de Ribadeo e Ría del Eo. Ainda
máis aportábamos centos de documentos dos séculos XVI e XVII onde
figura o toponímico Ria de Ribadeo, unha análise do informe do
Principado de Asturias e unhas conclusións. O prazo que nos comunicou o
IGN para a presentación de alegacións finalizaba o 4 de
Novembro, ou sexa onte xoves. A nota de prensa aludida afirma que a
resolución do IGN é do 29 de outubro. Segundo as nosas informacións a
Comisión Especializada de Nombres Geográficos do IGN compóñena 9
persoas, catedráticos, xeógrafos e expertos de toda España.
Resulta incomprensible que esta comisión tomase un acordo cinco días
antes de rematar o prazo de alegacións, ao día seguinte do noso escrito
de 22 páxinas. Pola outra banda a nota das axencias difúndea a
administración asturiana. Ate hoxe (5 de novembro)
o IGN non nos ten comunicado nada como alegantes. A ver en que queda a
noticia.
E é que, por se non o sabes, segundo os xornais, o IGN deu onte por válida a denominación de ría del Eo como alternativa á ría de Ribadeo, citando fontes asturianas. A falta de coñecer a resolución en si, é o que hai.
Vista sobre a ría de Ribadeo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario