20211111

Sobre o roubo de imaxes nas parroquias do rural ribadense

   Hoxe sae nas noticias de medios galegos (El Progreso, La Voz de Galicia...) e tamén estatais (eldiario.es, ...) a nova de que lle rebaixan a pena ó ladrón José Emilio Silvaje Aparisi. Lembro neste momento un escrito de José María Rodríguez, 'El perdón no reemplaza la justicia' (un de varios que fixo), sobre o caso do roubo deste home, cura por uns anos, a varias parroquias de Ribadeo arredor de 2011.

   Aínda que de xeito máis detallado se pode atopar en moitos lugares, vaia só como introdución ó escrito de José María sobre o tema, ou ós meus, que foi un cura de orixe valenciá, de 'alta cama' que veu traído polo bispo da diócese, daquela tamén valenciano, e que amosou dende a súa chegada un comportamento algo estrano, como persoa e como párroco, orixe de que lle chegaran a suceder cousas como que os parroquianos lle meteron pulgas nos hábitos para dicir misas. A ningué se lle fixo raro que colgara os hábitos.

   Ben, pois agora ten unha rebaixa na condena de un ano, quedando a pena en dous anos e medio de cárcere, ó aprezar o Tribunal Supremo atenuante por reparación do dano, ó devolver as imaxes roubadas, e aínda que en principio dixo que as enviara 'a restaurar'.

   A notar que a José María nunca lle quedou claro que restituíra tódalas pezas, imaxes e tapices, nin que se collera atodos os participantes da trama, o mesmo que opinaba que se tratara de evitar o escándalo na igrexa e que iso facilitara o desenvolvemento posterior ós ladróns.

--

de José Mª Rodríguez, no blog

Outros Artigos de José María.


Ningún comentario: