20220120

Augas turbias en Ribadeo, onte

    A imaxe presenta unha mesma xarra chea onte, nun caso, con auga collida da billa, e no outro, con auga mercada embotellada. Aínda que a foto non é moi boa, coido que se pode observar ben a diferenza de turbidez, que non sei a que achacar, pois levamos varios días sen incidencias meteorolóxicas que poideran causar esa turbidez. Nun caso, sen ela. No outro, sen ser moi abundante, é evidente. Son de beber auga da billa, coido que debe ser tan boa como a vendida no supermercado, e é abondo máis ecolóxica no seu tratamento. Pero, as augas turbias non apetece bebelas, aínda que non chegue ó límite que indica a normativa, non si?



Ningún comentario: