Tres fotos. Ó tempo, un instante e unha historia. A illa Pancha, á entrada da ría de Ribadeo, cos seus faro vello no caserón do século XIX e faro novo na torre feita no século XX, e a última versión da ponte que a une ó continente, coa porta que cambiou o seu frontispicio para pasar materiais e facer apartamentos e cafetería e allear a propiedade común.
A primeira foto de Suso amosa precisamente iso, a illa, vista dende o montículo veciño e o templete que fai de consolación a quen ve impedido o seu dereito de paso á illa. De calquera xeito, unha imaxe que pode considerarse abrangue un período amplo de tempo.
A segunda foto é de antonte, xa abondo máis precisa no tempo polos detalles evidentes, coa porta pechada en contra do que debera ser e está estipulado para o funcionamento das instalacións na concesión. As rexas, omnipresentes, facendo da illa o interior dunha gaiola, e o marco servindo de poste de propaganda despois da modificación do frontispicio.
Na terceira,aparece un detalle da parte dereita da imaxe anterior. Trátase dun papel suxeito con cinta sobre o cartel que indica que está prohibido o acceso 'a toda persoa non autorizada'. O cartel é claro. Transcribo de xeito literal, sen correccións:
/Pero como tenéis tanta cara GETAS que os adueñais de todo
Poner lo que querais, pero dejar el paso abierto. Todos queremos disfrutar de las vistas
Solo nos quereis para pagar impuestos y que tragemos con todo/
Ningún comentario:
Publicar un comentario