Rematada a concentración dunhas cen persoas na noite ribadense. Contra a guerra. A primeira das que haberá os xoves ás 20:00 diante do concello se, por desgraza, a guerra continúa.
Naceu de xeito espontáneo, como se explica ó comezo do vídeo, E colleuse unha declaración que se considerou ben feita, dunha organización, neste caso, ATTAC, que sae citada no vídeo só por esa razón. Despois da presentación de Evaristo Lombardero e a lectura de Amelia Blanco da lectura houbo varias intervencións espontáneas, e acordouse continuar concentrándose os xoves mentres dure a guerra (polo momento, a de Ucraína). Esperemos que non haxa necesidade de moitas máis concentracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario