A D. MANUEL ARES, IN MEMORIAM
Escribo este artigo desde a dor da perda inesperada dun bo amigo do que non puiden despedirme.
Coñecín a Manolo cando era pouco máis que un neno, tiña doce anos e eu naquel tempo dobráballe a idade. Admiróume que sendo tan novo tivera tan claros os seus sentimentos relixiosos e estivese tan implicado en todo o que se refería á Semana Santa ribadense e ás cuestións litúrxicas.
Andando o tempo foi irmán terciario estando vinculado á V.O.T de Ribadeo, organizando as procesións e axudando nas tarefas da igrexa. Máis tarde fixo estudos no Seminario ordeándose como crego.
Todos o recordamos exercendo o seu ministerio en Ribadeo, Ove, e sobre todo en Villaselán onde desenrolóu unha encomiable labor pastoral coa humildade e humanidade que lle caracterizaban, facéndose moi querido pola súa feligresía, especialmente polos nenos aos que impartía catecismo e que participaban activamente nos oficios relixiosos. Sempre recordaréi a misa da súa despedida como crego en Villaselán, a igrexa estaba repleta de xente tendo algúns que sentarnos nas pedras da porta.
Despois do seu traslado Ás Pontes visitámolo algunha vez. Nesta parroquia ademáis das súas tarefas pastorales, Don Manolo-como lle chamaban os nenos- impartía talleres de manualidades para persoas con problemas e orgaizaba os festiváis de Reis e as procesións. En 2019, cando me propuxeron para dar o pregón da Semana Santa de Ribadeo, él xenerosamente puxo á miña disposición o seu arquivo para que me documentase e puidera escribilo de forma rigorosa.
A nefasta pandemia que tanto mal nos fixo a todos distancióunos por un tempo,e, aínda que nos comunicábamos algunha vez telefónicamente, quedóume pendente unha visita Ás Pontes, que agora xa non ten obxeto.
Espero que a Manolo, humilde, sinxelo e tímido por natureza, xa nos brazos do Pai Eterno non lle molesten estas verbas escritas con agarimo sincero.
Como dicía Jorge Manrique, nuestras vidas son los ríos que van a dar a la mar, e alí, ao lado do mar, na vila que o víu nacer, entre as cousas que amóu en vida, descansará para sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario