Preparando a manifestación do día 10: Ria si, nave non
Segue segundo o previsto a preparación da manifestación do domingo 10 en Ribadeo, que terá como lema 'Ría si, nave non'.
Vanse recibindo os primeiros apoios, contamos xa con xente de ambas marxes da ría e tamén coa criación dunha coordinadora de veraneantes, a parte do apoio e participación de asociacións de Ribadeo e tamén de fóra. Está previsto que sexan varias as pancartas que participen ó longo do recorrido, que terá lugar ás 12 da mañá entre a praza de San Roque e o concello ribadense.
Despois das manifestacións de días pasados do Presidente de Portos de Galicia, contestadas tamén polo mesmo alcalde de Ribadeo, a bo seguro non será a última actividade en torno ó mantemento da ría que será convocada de xeito próximo.
A lembrar que con anterioridade xa houbo unha petición de sinaturas (que se completará o próximo domingo antes da manifestación), unha charla e unha mesa redonda na que participaron representantes de Adega, a Plataforma pola Defensa da Ría e O Tesón.
Adxúntanse, a modo de boceto, dous gráficos aproximados tratando de representar o que sería a nave que se pretende en Ribadeo. - Nota: os dous gráficos son os que se poden ver
Ningún comentario:
Publicar un comentario