20220725

Bando da alcaldía de Ribadeo de 25 de xullo de 2022

Co gallo do bando, emitiuse unha nota de prensa:

MULLERES E HOMES ORGULLOSOS DE PERTENCER A ESTA TERRA

Día Nacional de Galiza

25/07/2022

No Bando con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galiza, o alcalde, Fernando Suárez, subliña que "a patria galega formámola as mulleres e os homes que, por nacemento ou por sentimento, temos conciencia e o orgullo de pertencer a un pobo e unha terra cunha historia e unha cultura do noso".

O rexedor asegura que "aspiramos a ser un país dono do seu destino, que nos permita traballar dignamente na nosa terra… unha comunidade dona dos seus recursos naturais… e un país cunha sanidade pública forte, un sistema de pensións garantido, cunha educación pública dotada de orzamentos axeitados, centrada na nosa sociedade e motor de futuro".

No Bando Suárez Barcia lembrou que este día ven "presidido pola preocupación cidadá por moitas situacións que nos desacougan como sociedade, como a situación sanitaria, social, económica, etc".

E rematou sinalando: "construamos esa Galiza con orgullo de seu e á vez solidaria e agarimosa con todos os pobos do mundo, nomeadamente cos oprimidos, unha patria de mulleres e homes libres".

--

O meu artigo para este 25X.

Ningún comentario: