20220723

España fea. Vídeos da presentación en Ribadeo

    Onte tivo lugar na Casa do Viejo ancho a presentación de España Fea. Ata 25 persoas beneficiámonos da exposición relacionada cun libro sobre o feísmo. A dicir que ó final, na quenda de preguntas, xurdiu a controversia, pois a beleza ten unha compoñente subxectiva, e foron discutidos algúns dos exemplos amosados.

    Coido que todos marchamos contentos, dos organizadores ó público, pasando polos integrantes da mesa. Por certo, aínda que na charla non saíu Ribadeo centro urbano de xeito directo, si o fixo na rolda de preguntas, por mor do ascensor da Atalaia, a destrución causada por el e os premios recibidos. O que si saiu é Rinlo, coa intervención arquitectónica da presentadora, Carlota Eiros, e o desenvolvemento posterior a cargo de Luis Feduchi e por suposto, Andrés Rubio.

    Xa fóra de escea, en charla informal, lembrei a presentación de hai quince anos longos sobre as casas caíntes de Ribadeo, 'Ribadeo falls', á que me teño referido varias veces no blog.

    Os tres vídeos do desenvolvemento da presentación:

1.Presentación do libro (comeza cun segundo de retardo)


2.Intercambios co público asistente, tras a presentación


3.Verbas previas (falta a primeira metade)

Carlota Eiros en Ribadeando.

Ningún comentario: