Acompaño a nota de prensa do concello que dá conta da dimisión, así como ligazón ás mencións a Mariluz no blog e unha nota final.
MANTIVO UN ENCONTRO CXS COMPAÑEIRXS DO EQUIPO DE GOBERNO
Dimisión de Mariluz Álvarez
11/07/2022A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, presentou hoxe a súa dimisión tras máis de 20 anos dedicada á política municipal.
A edil nacionalista abandona por motivos familiares: "neste momento non podo compatibilizar a miña vida persoal e laboral coa política. A min gústame estar ao 100% e agora mesmo iso é imposible. Entón entendín que toca dicir ata aquí cheguei".
Álvarez Lastra tivo palabras de agradecemento "para todo o persoal das Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade polo esforzo que estiveron realizando desde o pasado mes de marzo para que todo o traballo que programamos saíse adiante".
Da renuncia de Mariluz Álvarez Lastra darase conta no pleno ordinario da Corporación Municipal de Ribadeo previsto para este xoves, 14 de xullo.
A concelleira ribadense mantivo esta tarde unha xuntanza coas súas compañeiras e compañeiros de goberno municipal na Praza 8 de marzo.
Nota final: Non podo deixar de lembrar que foi a que propiciou que o meu 'Ribadeando' fose presentado no salón de plenos do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario