20220828

Un mes máis, concentración de pensionistas

 

    De novo, sábado primeiro de mes. De novo, rodeados de 'noticias' sobre a insostenibilidade das pensións mentres non se tapa o furado da corrupción que chegaría para pagar un bo incremento delas. E mentres, seguen -e mesmo aumentan ben máis que o IPC- os soldos como os 300 000 € de 'paguita' do presidente da CEOE, alimentando xente que di que cobra moito quen recibe unha pensión centos de veces menor que o seu soldo, ó que califican con adxetivos como 'humilde'. E, tamén, mentres, o que é de todos vese afogado mentres caen do ceo subvencións a empresas que se benefician do oco que o público se ve obrigado a deixar de man dos políticos e a corrupción.


Ningún comentario: