Crónica dunha viaxe / 15 La Vall d'Uixó - Sagunt
A praia en Porto de Sagunto, apetecible mediterránea. A imaxe, manchada coa humidade do selo que me puxeron no museo de Sagunto. |
Pode dicirse que a viaxe rematou, aínda cos retardos que quixen ter, ó chegar ó Mediterráneo. As dúas últimas etapas foron das chamadas de trámite. A que facía a número quince, esta, etapa de domingo que ademais era fasta da Comunidade Valenciana, durou uns 34 km salvando un desnivel positivo de menos de cen metros, levándoos en dúas horas menos cuarto sobre a sella por carrís bici ou vías de servizo boa parte do tempo. A máis, despois de varios días de alerta de chuvias torrenciais por diante de min, sen chegar a afectarme máis que algunha pinga, o día estaba claro dende primeira hora da mañá. Todo fixo que a saída fora suave e remolona, e ó coller a bicicleta, máis ca outros días, chegara a sensación de facer turismo con tempo de sobra e sen necesidade de gran esforzo.
A saída de La Vall d'Uixó, unha baixada suave pola que entrara, subindo, o día anterior, deseguida me mergullou en terras de cultivo de laranxeiras, aínda que seguira aumentando a densidade de laranxas camiño de Valencia. E si, xa os sistemas de rego, omnipresentes, con ou sen canle á vista.
Ó pouco, Almenara presenta o seu castelo polo cumio dos montes, gardando o acceso norte a Valencia, antes de chegar o segundo alto defensivo preto da costa, Sagunto. Nin me achego nun domingo pola mañá ó chamativo horizonte que marca o castelo.
Castelo de Almenara. |
De novo, en Valencia. Coches e laranxeiras. |
Vía principal, vía de servicio e arcéns ciclables. |
Praia de Sagunto. |
Non a todas as guerras. |
De feira en feira. |
Sagunto sobre Sagunto sobre Sagunto, mo museo. |
O castelo de Sagunto, visto dende o museo da Casa dos Berenguer. |
E, de alí, fun completar o exercicio diario subindo cara ó castelo. Na subida, o teatro romano amosa a súa pasada gloria coa decepción da reconstrución realizada. Seguindo cara arriba, aínda que o castelo teña botado o peche dominical, unha ruta dá a volta polo alto, arredor do castelo, e, aínda que a sinalización algunha vez non permite seguir ben o camiño, o completar a rolda polo alto pon a disposición vistas tanto de Sagunto como do Porto ou das montañas cara ó interior, e tamén, na distancia e de xeito nebuloso, de Valencia, a fin da viaxe.
Castelo, montaña e porto de Sagunto. |
Crónica dunha viaxe / 0 Atravesando a península
Crónica dunha viaxe / 01 Ribadeo - O Cádavo
Crónica dunha viaxe / 02 O Cádavo - Ponferrada
Crónica dunha viaxe / 03 Ponferrada - Astorga
Crónica dunha viaxe / 04 Astorga - León
Crónica dunha viaxe / 05 León - Villarmentero
Crónica dunha viaxe / 06 Villarmentero - Burgos
Crónica dunha Viaxe / 07 Burgos - Santo Domingo de Silos
Crónica dunha viaxe / 08 Santo Domingo de Silos - Soria
Crónica dunha viaxe / 09 Soria - Calatayud
Crónica dunha viaxe / 10 Calatayud - Calamocha
Crónica dunha viaxe / 11 Calamocha - Teruel
Crónica dunha viaxe / 12 Teruel - Teruel
Crónica dunha viaxe / 13 Teruel - Barraques
Crónica dunha viaxe / 14 Barraques - La Vall d'Uixó
Crónica dunha viaxe / 15 La Vall d'Uixó - Sagunto
Crónica dunha viaxe / 16 Sagunto - Valencia
Crónica dunha viaxe / e 17, rematando
Ningún comentario:
Publicar un comentario