20221016

Últimas novas sobre a ría de Ribadeo

     Días pasado emitiuse un novo informe sobre o nome da ría por parte da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos (CENG) do Instituto Xeográfico Nacional (ING). A comunicación que está a recibir a xente que enviou documentación é a que deixo en baixo. Así, en resume, coido que se pode dicir que admiten que o nome é ría de Ribadeo, pero que ante a insistencia / presión dalgún, van [facer unha excepción e] admitir tamén como oficial o nome reclamado por Asturias. É dicir, ó meu ver, algo cantado dende o paso anterior, como xa deixei dito.

    A reseñar o voto en contra de D. Ayar Rodríguez de Castro, representante da Real Sociedade Xeográfica, e a xustificación do mesmo, apoiado entre outras cousas, en que unha ría é unha entidade marítima, non terrestre, e polo tanto, non ten por que estar asociada a un río (de feito, en xeral, nas súa beiras recíbense diversos ríos). Asemade, son de ter en conta as observacións de determinados membros do grupo de traballo, como se resalta no informe.









Ningún comentario: