Cuberta do libro Adeus ás Armas |
O próximo sábado 17 de decembro, ás 20:00 na Casa do Viejo Pancho de Ribadeo terá lugar a presentación do libro 'Adeus ás armas'. O coordinador editorial, Xoán Hermida terá a palabra.
Deixo abaixo unha referencia sobre Xoán Hermida, o mesmo que a o libro para ser visualizado (ten lic. CC BY ND 3.0)/ligazón ó pdf do libro.
"Aquel que entenda ao baduíno contribuirá á metafísica máis que John Locke" Charles
Darwin
"Non se pode resolver un problema coa mesma clase de pensamento
que o produciu" Albert Einstein
Xoán Hermida González
Director do Foro OBenComún
Doutor en Ciencias Políticas e Xestión Pública. Universidade de Santiago de Compostela, 2015
Master Postgrado en Filosofia. Universidade de Santiago de Compostela - SET, 2010/2011
Curso Superior de Relacións Laborais. Consello Galego de Relacións Laborais, 1993
Licenciado en Historia Contemporánea. Universidade de Santiago de Compostela, 1984/1989
Publicacións:
Autor.-
- A saída da encrucillada; OBenComún, 2021
- Galicia no labirinto da nova política; Editorial Galaxia, 2018
- [Re]construír a esquerda nacional; OBenComún, 2013
- Verbas de Vieiros; OBenComún, 2009
Colectivas.-
- Repensar a democracia; OBenComún, 2017 (Proceso constituínte e nova democracia)
- Ecoloxía Política: unha ollada desde Galicia; OBenComún, 2015 (coordinación e prólogo)
- 15M. O Pobo indignado; Edicións Laiovento, 2011 (autoorganizarse para defender o ben común)
- Galicia Solidaria; Edicións Xerais, 2009 (O comercio xusto en Galicia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario