Deixo a continuación o manifesto e a ligazón para asinalo.
Manifesto da Outra Xente
Vivimos un tempo de emerxencia planetaria. Cómpre poñer fin á guerracontra a natureza. Poñer fin aos procesos de extinción. Acabar cos asasinatosecolóxicos en masa contra a Outra Xente.
É hora de descolonizar e desescravizar a nosa mente. O respecto á OutraXente, á natureza, é tamén a nosa emancipación. Sen a biodiversidade non haberálugar para o ser humano.
Fronte ao fanatismo da sobreexplotación ilimitada debemos abrir paso aun decrecemento, entendido como unha nova abundancia. Abundancia no benestar con e coa natureza. Temos que renaturalizármonos para reencantarnos coa nai terra.
Chegou o intre de pensar en ampliar os dereitos da outra xente e espallar de xeito universal leis que a defendan fronte a todo tipo de ecocidio.
Hai que actuar. O primeiro paso, a primeira revolución, é comezar aescoitar as voces da Outra Xente.
Para unirse, podes facelo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario