20221218

Na presentación de 'Adeus ás armas. Que foi do pacifismo?'

     Onte foi a presentación de 'Adeus ás armas'. Alí me fun, sabendo que non me ía defraudar. Como lle dixen a Xoán Hermida nas preguntas, non estou de acordo na visión de moitos feitos que espuxo como base argumentativa, pero si, basicamente, na postura/conclusión final sobre a paz. E agradecín a presentación que fixo, que pode servir coma base ó libro, unha obra coral de máis de vinte persoas que expresan as súas opinións e visións de xeito independente unhas das outras.

    Como outras veces, o vídeo resultou ser un desastre. Vai en tres anacos -un moi curto, outro de máis dunha hora e outro de duración intermedia-, despois de non saír as verbas de Evaristo Lombardeo máis có final, e cortarse no medio dúas veces. A última vez, a terceira, pasadas varias preguntas, xa non liguei de novo e o final do intercambio de ideas non aparece. De calquera xeito, aí van os tres anacos:





Ningún comentario: