20221231

Sobre as notas de prensa do concello. 2022

    1 de xaneiro. Por convención entre nós, comeza un novo período anual. Xa están os datos estatísticos do ano pasado a disposición (non todos aínda, claro), entre eles, o número de notas de prensa que o concello de Ribadeo emitiu ó longo do ano. É dicir, o número de veces que o concello, motu propio, deu saber de si á cidadanía. Polo tanto, xa se pode compara co de anos anteriores.

    O resultado anual, 7 notas emitidas cada seis días, fines de semana e festivos incluídos. Un total de 425 notas, 40 máis ca o ano anterior, que xa supuxo unha nova marca.

    As notas non inclúen entrevistas realizadas a iniciativa dos medios, pero si anuncios de todo tipo, incluídas decisións de realizar obras, a adxudicación das mesmas, o seu inicio ou a súa finalización.

    O seguir o  blog de notas do concello, dun concello como Ribadeo, é moito máis doado que o facer o seguemento do da deputación ou un dos da Xunto ou ministerial. O volume de información varía de magnitude, mais a liña que seguen uns e outros apártase ben pouco dun camiño común: o aumento continuado de datos posto a disposición da xente, controlado por quen os colga na rede seguindo os seus propios intereses máis ca os da cidadanía.

    Imos ás gráficas. A primeira, o número de notas de prensa publicadas a altura de calquera día do ano (liña vermella), comparado co número do día (recta azul). Nóse como, a partir do impulso claro de xuño, seguiu aumentando por riba do paso dos días, ao contrario do que sucedera antes de xuño, tempo no que máis ou menos se mantivo ó ritmo de unha nota diaria:

    A segunda, a gráfica das notas ó longo do ano comparado coas equivalentes de anos anteriores (só dende 2014, cando xa se estabilizara a 'produción' de notas), onde se vai notando a evolución á alza do número de notas ó longo dos anos.
    A terceira gráfica é a das notas, segundo se van acumulando no tempo dende o comezo (2007). Vese que a liña vai aumentando de pendente. É dicir, cada vez se producen máis!
    A última, a comparativa do total duns anos con outros, onde se nota tamén, de xeito máis claro que no caso anterior, o aumento de notas de cada ano en relación ó anterior, con só tres excepcións dende o 2007, e deixando claro que os anos de máis aumento relativo, exceptuando os de implantación do sistema, son os dous últimos (o anterior e este).
    E este ano que comeza, como cres que evolucionarán as gráficas? 
    Unha nota: os anos electorais anteriores foron 2019, 2015, 2011...


Ningún comentario: