20230106

De Pensións e Reis (Magos)

    Hoxe é día de reis. Deixo ó final algunha foto da ilusión de onte na rúa polos agasallos esperados duns Reis que son Magos. Non cheguei ó discurso, estaba con amigos a outra cousa, e aínda que me houbera gustado reproducilo, os discursos reais están de capa caída o mesmo que os reis que non son magos; os magos resisten mellor por iso da maxia, pero co Papá Noël non sei eu...

    Ben, o caso é que hoxe é hoxe e mañá é primeiro sábado de mes, e a non ser que penses que os Reis Magos te van arranxar a pensión por ser bo, lémbrote que os primeiros sábados de mes en Ribadeo celébrase unha xuntanza de pensionistas. Para falar, facer comunidade, lembrar, discutir problemas, confrontar visións... e si, tamén protestar se hai motivo para facelo, que polo momento é que si. Así que, cres nos Reis Magos? Non? Pois fai as cousas como sen non creras, porque non se entende ben o facelas como se o creras cando non o cres.






Ningún comentario: